Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6778

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 78/2012, do 23 de febreiro, polo que se dispón o cesamento de dous vogais do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia creou a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística como instrumento fundamental para velar pola utilización racional do solo conforme o disposto no ordenamento urbanístico.

De acordo co previsto no artigo 226 da devandita lei e nos estatutos da axencia, aprobados polo Decreto 213/2007, do 31 de outubro, os seus órganos directivos son o/a director/a e o Consello Executivo, como órgano de dirección e control, do que forman parte catro vogais en representación da Comunidade Autónoma.

En virtude do establecido nos artigos 4.13.º e 34.2.º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e tres de febreiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Que cesen Celestino García Braña e Ignacio Cerrada Gonzalo como vogais do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, agradecéndolles os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e tres de febreiro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas