Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 10 de febreiro de 2012 pola que se sinalan datas e se citan os interesados para o levantamento das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución do proxecto sectorial do parque empresarial da Sionlla, en Santiago de Compostela.

Advertidos erros na dita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 37, do 22 de febreiro de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 6622, no anexo, Actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución do proxecto sectorial do parque empresarial da Sionlla, en Santiago de Compostela, na columna actas de pagamento-data, onde di: «28.2.2010»; debe dicir: «28.2.2012».