Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña).

Ponse en coñecemento de todos os interesados na concentración parcelaria da zona dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 54/1991, do 14 de febreiro, o seguinte:

Primeiro. O 19 de xaneiro de 2012 o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da devandita zona logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo. O acordo de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e está exposto ao público no Concello de Oroso e na zona. Os documentos que se poden examinar no citado concello refírense aos predios de substitución onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro. Contra o acordo os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural e do Mar dentro do prazo de trinta días, que contarán desde a notificación persoal ou publicación sustitutiva. Os recursos poderán presentarse nesta xefatura territorial (edificio administrativo Monelos, praza Luís Seoane, s/n, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2012.

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña