Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2011/16).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: Miraflores, 20 baixo, 15840 Santa Comba (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Lugo, 20.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 20 kV, cunha lonxitude de 69 m, baixo canalización existente, con orixe no centro de seccionamento do centro de transformación Lugo n.º 94 (expte.: IN407A 2006/226), en condutor R.H.Z.1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al e final no C.T. proxectado.

Centro de transformación e seccionamento non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 20/0,400-0,230 kV.

Rede de baixa tensión subterránea baixo tubo, cunha lonxitude de 42 metros, en condutor R.V. 0,6/1 kV 3×(1×240) Al.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial