Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6651

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2011.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2012.

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2011.

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Consello Galego de Cámaras para o financiamento de gastos correntes.

14.9.2011

15.000,00 €

Convenio de colaboración para o desenvolvemento, anualidade 2011, do Plan de Mellora da Produtividade e Competitividade do Comercio (2009-2012) celebrado entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Xunta de Galicia.

11.11.2011

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética para a realización do proxecto demostrativo titulado Aplicación de sistema de alimentación híbrida en buque de pesca.

21.12.2011

0,00 €

Convenio de colaboración específico entre o Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras, a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Concello de Cerceda para a execución do proxecto de oficina de recolocación de traballadores excedentes de empresas auxiliares da minaría en Cerceda, A Coruña (Galicia).

25.11.2011

100.000,00 €

Convenio de colaboración específico entre o Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia para o pagamento do proxecto de ampliación do parque acuático de Cerceda (A Coruña).

7.12.2011

600.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Galega de Organismos de Control Autorizados para a realización dun plan de inspección en materia de seguridade industrial.

3.10.2011

400.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Cerceda, para a execución do proxecto de paseo fluvial no Acevedo en Cerceda.

30.11.2011

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Cerceda para a execución do proxecto de albergue na estación de Cerceda.

30.11.2011

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Cerceda para a execución do proxecto de melloras na estación de tratamento de augas pluviais en Cerceda.

30.11.2011

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Cerceda para a execución do proxecto de Museo da Minaría de Cerceda.

30.11.2011

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello da Laracha para a execución do proxecto de mellora e ampliación da infraestrutura existente no Concello da Laracha.

30.11.2011

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster do Granito de Galicia en materia de prevención de riscos laborais.

30.12.2011

424.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster da Lousa de Galicia, en materia de prevención de riscos laborais.

30.12.2011

450.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia.

14.12.2011

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Universidade da Coruña para a investigación e realización de probas de control de calidade dos hidrocarburos en Galicia.

23.12.2011

175.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a sociedade Parque Tecnológico de Galicia, S.A., para o desenvolvemento de actividades de divulgación científica no ano 2011.

28.10.2011

67.650 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) para fomentar a investigación, o desenvolvemento e a cooperación público-privada en áreas tecnolóxicas estratéxicas para o desenvolvemento económico da Comunidade Autónoma de Galicia.

11.10.2011

9.000.000 €