Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2012, da XefaturaTerritorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2011-0093.

De conformidade co disposto nos artigos 58, 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no edificio administrativo da Xunta de Galicia; praza de Luís Seoane, s/n, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 1 de febreiro de 2012.

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2011-0093.

Interesado: Sabino Maceiras Merino.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.