Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 7 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se solicita a presentación da documentación relativa ao recurso interposto contra a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente T-2006/0337).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a solicitude de presentación da documentación relativa ao recurso interposto contra a resolución do expediente sancionador instruído por infracción da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar.

Como queira que no escrito de interposición do recurso non queda suficientemente acreditada a documentación necesaria, é polo que se require, a teor do disposto no artigo 112 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que presente orixinal ou copia auténtica do certificado da Seguridade Social acreditativo do número de traballadores da empresa no mes de maio de 2005.

Deberá presentar a dita documentación nun prazo non inferior a dez días nin superior a quince contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula.

Comunícaselle que, en aplicación do establecido no artigo 42.5.a) da Lei 30/1992, suspéndese o prazo máximo de resolución do procedemento, polo tempo que transcorra entre a publicación desta cédula e o seu efectivo cumprimento polo destinatario, ou, no seu defecto, o transcurso do prazo antes concedido.

E para que conste e lle sirva de notificación á interesada, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente

Número de recurso

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Feito sancionado

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

T-2006/0337

OU-01400-O-05

AL-1170-AD

Garda Civil de Tráfico

Olifrén, S.L.

Levar inserida unha folla de rexistro sen ter anotado o nome e apelido do condutor