Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6547

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG número 144, do 28 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 2 de febreiro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o día 28 de febreiro de 2012, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid, números 2-4 (As Fontiñas) en Santiago de Compostela, na aula 11, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas nas que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento do que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2012.

Roberto Arias Sánchez
Presidente do tribunal