Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6522

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de licitación do servizo de axuda no fogar.

Mediante acordo da Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria, do día 26 de xaneiro de 2012, iniciouse o expediente de contratación seguinte:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Salvaterra de Miño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de axuda no fogar.

c) Duración do contrato: dous anos, prorrogable a catro anos.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Base ou tipo de licitación.

O orzamento para a prestación do servizo que servirá de base de licitación será o seguinte, que inclúe o IVE e demais tributos que graven a execución do contrato, e ten carácter limitativo. Non poderá superarse, en ningún caso:

– Importe por hora de axuda no fogar a través da Lei de dependencia: 12,04 euros (incluído o 4% de IVE).

– Importe por hora de axuda no fogar en réxime de concorrencia: 12,51 euros (incluído o 8% de IVE).

A oferta fará referencia ao IVE e, de non constar, entenderase incluído no prezo proposto polo licitador.

O importe do contrato determinarase en función do número de horas efectivas de prestación do servizo que efectúe a empresa adxudicataria. O orzamento total do contrato, que abranguerá todos os elementos que constitúen o seu obxecto, ascenderá, como máximo, ás seguintes cantidades anuais:

– Importe máximo anual de axuda no fogar a través da Lei de dependencia: 169.619,52 euros (IVE incluído).

– Número de horas máximo de axuda no fogar a través da Lei de dependencia: 1.174 horas.

– Importe máximo anual de axuda no fogar en réxime de concorrencia: 30.024,00 euros (IVE incluído).

– Número de horas máximo de axuda no fogar en réxime de concorrencia: 200 horas.

6. Garantía provisional.

Non se exixe.

7. Obtención de documentación e información.

Concello de Salvaterra de Miño. Praza da Constitución, n.º 1 (36450).

Páxina web: http://concellodesalvaterra.org. Poderán obter documentación e información ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

Tlf.: 986 65 81 26/986 65 80 82. Fax: 986 65 83 60.

8. Presentación de ofertas.

As proposicións para tomar parte na licitación presentaranse de luns a venres das 9.00 as 13.00 horas, no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral) do Concello de Salvaterra de Miño, no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

Os pregos de cláusulas admnistrativas e técnicas serán publicados no perfil do contratante do Concello de Salvaterra de Miño. Poderá publicarse, así mesmo, aquela outra información ou documentación que sexa necesaria ou conveniente.

9. Criterios de adxudicación.

Son os establecidos na cláusula 11.ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Documentación que hai que presentar.

Véxanse as bases que rexen o contrato.

11. Apertura de proposicións.

O día de apertura de proposicións fixarase no perfil de contratante ou taboleiro de anuncios do concello cunha antelación de, cando menos, 2 días ao da súa realización.

12. Gastos de publicidade: por conta do contratista adxudicatario.

Salvaterra de Miño, 30 de xaneiro de 2012.

Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa accidental