Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6526

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sobrado

ANUNCIO de publicación das bases da convocatoria dunha praza de traballador/a social.

No BOP da Coruña n.º 235, do 13 de decembro de 2011, con corrección de erros no BOP da Coruña n.º 9, do 13 de xaneiro de 2012, publicáronse integramente as bases da convocatoria para a provisión en propiedade, por concurso oposición, dunha praza de traballador/a social, integrada no grupo A, subgrupo A2, da escala de Administración especial, subescala técnico medio, mediante proceso de consolidación de emprego.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria publicaranse no BOP da Coruña e/ou no taboleiro de anuncios do concello.

Sobrado, 31 de xaneiro de 2012.

Jacobo Fernández García