Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6519

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de solicitude de licenza municipal para un proxecto de instalación de garaxe comunitario nun edificio de vivendas (clave de MAS/05 2012).

Manuel Candal Rodríguez, actuando en nome de Manuel Candal, S.L. solicitoulle a esta alcaldía unha licenza para un proxecto denominado proxecto de instalación de garaxe comunitario nun edificio de vivendas localizado na avenida de Galicia número 19-21 (Cerceda) (clave: MAS/05 2012).

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese esta a información pública durante un prazo de 20 días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideraren afectadas pola actividade que se pretende instalar a poidan examinar na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Este prazo de 20 días comezará a contar a partir do día seguinte a que se publique este edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 31 de xaneiro de 2012.

José García Liñares
Alcalde