Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2012 polo que se notifica a resolución do expediente sancionador ICA-OU-0036/2011-BA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente ICA-OU-0036/2011-BA.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, situadas na rúa do Camiño Francés n.º 10, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, de conformidade co disposto no artigo 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente formular recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, de conformidade cos artigos 8.2 e 14.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados ambos os prazos a partir do día seguinte ao da recepción da notificación, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2012.

Ricardo Rivas Barros
Subdirector xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria

ANEXO

Expediente: ICA-OU-0036/2011-BA.

Denunciada: Marketing & Distribuciones Rioja, S.L.

Último domicilio coñecido: Camiño Vallicosa, s/n. 26190 Nalda (La Rioja).