Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Por esta cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non presentar no prazo de dez (10) días os datos e documentación necesarios para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 392/2009, do 1 de outubro (DOG n.º 199, do 9 de outubro); Decreto 160/2010, do 23 de setembro (DOG n.º 188, do 29 de setembro), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que se vai presentar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario; teléfono 988 36 91 09.

Para que conste, sirva de notificación aos interesados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Ourense, 23 de xaneiro de 2012.

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense

ANEXO

Nome do doente

DNI/NIF

Álvarez Delgado, Nemesio

34960598T

Blanco Pérez, Antonio

15354913K

Bouzas Regal, María Elena

45140674T

Castro Suárez, Enrique

34485891J

Fernández Almagro, Miguel Ángel

18970272X

Fernández Taladriz, Ana María

32682543A

Gándara Reaguda, José

32758252L

Glavan---, Gabriel Marín

X9482064S

Guillem Hervas, Vicente Salvado

22696625H

González Domínguez, Óscar

34960764M

Jabrane Radouan

X1744269H

Montoya Salazar, Milagros

44454821F

López Rodríguez, Jorge

44452840G

Magalhaes Gonçalves, Gilberto Manuel

X5127165M

Montoya Montoya, Caitos

44458301Z

Mosteiro Barcala, Borja

76932307K

Mustafa---, Mariana Roxana

Y1468761H

Orduña Valls, Jorge Manuel

71509635J

Pérez Ruiz, Juan Ignacio

14950525L

Qualizza Ortega, Giovanni

X6473590X

Fernández Feijoo, Cristina

44462072J

Rivera Henriques, Patrick

45146654T

Rodríguez Alegría, Brayan Felipe

X7700141V

Salvadori---, Leonardo Mauricio

X8221840F

Santamaría Castro, Ramón

34912044E

Santana Cabrera, Francisco

34604218M