Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 6 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o proxecto da planta de coxeración de Rodonita Energía, S.L. (expediente IN407A 2011/339-4).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Real decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Rodonita Energía, S.L.

Título: planta de coxeración de 8,6 MW.

Domicilio social: Lendo s/n, A Laracha (A Coruña), 15145.

Situación da instalación: na fábrica Nueva Cerámica Campo en Arnosa-Vilalonga.

Concello: Sanxenxo (Pontevedra).

Orzamento das instalacións: 5.899.270,44 euros.

Potencia eléctrica: 8.600 kWe.

Descrición das instalacións: o obxecto do proxecto é a instalación dunha nova planta de coxeración formada por dous equipos motor-xerador alimentados por gas natural, definir as características técnicas da planta de coxeración e que se lle recoñeza a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de electricidade, de acordo co establecido no Real decreto 661/2007, do 25 de maio, que regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial. A instalación da planta de coxeración ten por obxecto aproveitar a calor dispoñible nos gases de escape do motor, na auga de refrixeración das camisas (sistema de alta temperatura), e o de refrixeración da mestura aire-combustible da 2.ª etapa do motor (sistema de baixa temperatura) para os secadoiros dos refractarios da nova liña da fábrica. A enerxía eléctrica xerada (menos a consumida polas instalacións auxiliares da planta) verterase na súa totalidade á rede eléctrica de distribución a través de dous trafos de 6 MWA e con relación de transformación 6.600/20.000 kV. Desta forma pasa a ser unha instalación de coxeración que utiliza como combustible gas natural, clasificada de acordo co Real decreto 661/2007, do 25 de maio, no subgrupo a.1.1.

A instalación da planta de coxeración está formada polos seguintes elementos:

– Por dous grupos motoxeradores modelo MWM TCG2032 V16, 50 Hz, 6.600 V cunha potencia eléctrica de 4.300 kW por grupo, que utilizan gas natural como combustible.

– Sistema de refrixeración de alta temperatura (HT), composto por un aerorrefrixerador de emerxencia de HT, bombas de recirculación, intercambiador de placas e válvulas de tres vías e sensores de protección.

– Sistema de refrixeración de baixa temperatura (LT), cos seguintes compoñentes: intercambiador de emerxencia, aerorrefrixerador, bomba de recirculación, válvulas de tres vías e sensores de protección.

– Sistema de recuperación dos gases de escape con silenciadores dos gases de escape, chemineas, mesturador de gases.

– Sistema de control, protección e sincronismo do grupo motoxerador.

– Instalacións auxiliares.

– Centro de transformación con dous trafos de 6.000 kVA con relación de transformación 6.6 V/20 kV e instalación das celas de protección e demais equipamentos eléctricos de medida.

– Centro de transformación cun trafo de 630 kVA con relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas o entidades que se consideren afectadas poderán examinar o
expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo, avenida Fernández Ladreda 43-5.a planta, Pontevedra, no prazo de vinte días a partir da derradeira publicación deste anuncio.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra