Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6464

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 6 de febreiro de 2012 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2.º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4.º do citado decreto lexislativo, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os dous postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan os requisitos sinalados no anexo I.

Terceiro. As solicitudes dirixiranse por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, á Consellería de Economía e Industria, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e poderán presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unir á petición un currículum vitae e xustificar ocumentalmente os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.

Quinto. Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Economía e Industria. No caso de que resulte seleccionado/a un/unha funcionario/a con destino noutras administracións públicas para ocupar un posto de traballo dos anunciados no anexo I desta orde, tramitarase o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Se no prazo de dous meses a partir da publicación da resolución no DOG o/a funcionario/a seleccionado/a non puidese incorporarse ao posto de traballo por non atoparse resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e, se se considera oportuno, poderán declararse desertos os postos.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionario/a doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2012.

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO I

Código: IN.C01.00.000.15770.001

Denominación do posto: secretario/a do/a conselleiro/a.

Dependencia: gabinete do conselleiro.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: N.

Corpo ou escala: xeral.

Subgrupo: C1-C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.097,44 €.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 020 (coñecementos de informática nivel usuario (mérito), 641 (para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego (R.I.).

Código: IN.C02.00.000.15770.001

Denominación do posto: secretario/a do director xeral.

Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: N.

Corpo ou escala: xeral.

Subrupo: C1-C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 6.447,56 €.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 020 (coñecementos de informática nivel usuario (mérito), 641 (para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego (R.I.).

missing image file