Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente LU-PES-98/2011-V.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para notificarlle por comparecencia o acordo adoptado no expediente citado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da notificación deste anuncio na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial, sito na rolda da Muralla n.º 70, baixo 1.º, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 16 de xaneiro de 2012.

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-PES-98/2011-V.

Interesado: Ralitsa Atanasova Bakardzhieva.

Acto notificado: resolución.