Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6297

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2012, da Dirección Xerencia do Hospital Lucus Augusti de Lugo, pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso de méritos e defensa dun proxecto, dos postos de supervisor/a de unidade deste hospital.

Convocada pola Resolución do 7 de xullo de 2011 (DOG n.º 152, do 9 de agosto), a provisión dos postos de supervisor/a de unidade, esta dirección xerencia, de conformidade coa competencia atribuída na Orde da Consellería de Sanidade do 15 de xuño de 2009 (DOG n.º 119, do 19 de xuño),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dos postos de supervisor/a de unidade do Hospital Lucus Augusti de Lugo, convocada pola Resolución do 7 de xullo de 2011 (DOG n.º 152, do 9 de agosto).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os aspirantes nomeados deberán cesar nas prazas que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión dos postos de traballo adxudicados deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, polo que se percibirán os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 24 de xaneiro de 2012.

Francisco José Vilanova Fraga
Director xerente do Hospital Lucus Augusti de Lugo

ANEXO

Posto: supervisora da Unidade de Urxencias.

Nome e apelidos: Eva María Fernández López.

DNI: 33857194-K.

Postos: supervisora da Unidade de Hospitalización Médica.

Nome e apelidos: Leonor Ortega Fernández.

DNI: 33325390-T.

Postos: supervisoras da Unidade de Hospitalización Cirúrxica.

Nome e apelidos: M. Elena Cendán Celeiro.

DNI: 76571854-R.

Nome e apelidos: Consuelo dos Santos Sánchez.

DNI: 22723766-L.

Nome e apelidos: Lidia E. López Arias.

DNI: 33819271-W.

Nome e apelidos: M. Elba Méndez López.

DNI: 33321205-R.

Posto: supervisora da Unidade de Hospital de Día de Oncoloxía.

Nome e apelidos: Ana Rosa Devesa Fernández.

DNI: 33845948-E.

Posto: supervisora da Unidade de Coidados Intensivos.

Nome e apelidos: Esther Gutiérrez Moeda.

DNI: 34262163-Y.

Posto: supervisora da Unidade de Análises Clínicas.

Nome e apelidos: M. Carmen Goy López.

DNI: 33835793-X.

Posto: supervisora da Unidade de Quirófano.

Nome e apelidos: M. Emilia Fernández Vázquez.

DNI: 33808622-W.