Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2012, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se comunica a poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

De conformidade co acordo da Dirección Xeral de Tributos do 30 de xaneiro de 2012, infórmase que o día 22 de marzo de 2012 ás 10.00 horas no salón de actos da Xefatura Territorial da Consellería de Facenda da Coruña (sita na praza de Pontevedra, 22) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1.ª

Tramos

1

Pleno dominio do predio destinado a uso industrial sito no lugar da Rañoa, concello de Fene. Da superficie construída de 56 metros cadrados. Linda polos seus catro ventos co predio propiedade de Industrias Rivera Seco, S.L. Predio catastral n.º 001600100NJ71C0001YG

4.312,37 €

-------

4.312,37 €

100 €

2

Pleno dominio do predio destinado a almacén-estacionamento sito no lugar da Rañoa, concello de Fene. Da superficie construída de 112 metros cadrados. Linda polos seus catro ventos co predio propiedade de Industrias Rivera Seco, S.L. Predio catastral n.º 001600100NJ71C0001QG

2.330,72 €

-------

2.330,72 €

100 €

3

Predio rústico denominado Seixal sito no lugar do mesmo nome, na parroquia de Adina, concello de Sanxenxo, a labradío secaño, cunha superficie de 21 áreas e 52 centiáreas, segundo escritura notarial de compravenda do 7 de agosto de 2003, protocolo 2424. Predio número 30890 do Rexistro da Propiedade de Cambados

2.605,20 €

-------

2.605,20 €

100 €

4

Vehículo Renault Master. Bastidor VF1JDELD525041772. Matrícula 0040BKV

1.522,00 €

-------

1.522,00 €

50 €

5

Vivenda de protección oficial no andar cuarto, sinalada coa letra 4 B1 da rúa As Rosas, número 23, no lugar da Fonte Caldeira de Carballo, cunha superficie útil de 84 metros cadrados; ten como anexo a praza de garaxe identificada co número 18, no soto, e rocho identificado co número 10B, no baixo cuberta. Predio 35025 do Rexistro da Propiedade de Carballo, con número de identificación catastral 4547415NH2844N0019TJ

70.039,20 €

19.965,00 €

50.074,20 €

100 €

6

Vehículo Renault Clio 1.5. Bastidor VF1BR1G0H41576599. Matrícula 3726GMV

7.236,00 €

210 €

7.026,00 €

50 €

7

100% do pleno dominio con carácter privativo por título de herdanza do baixo A da rúa Picaños, n.º 57, antes n.º 1 da rúa da Estrada, na cidade de Santiago. Local dedicado a almacén cunha superficie de 59,17 metros cadrados. Predio n.º 45010 Rexistro da Propiedade de Santiago n.º 1

40.774,05 €

-------

40.774,05 €

100 €

8

100% do pleno dominio por título de compravenda do labradío en Ciscada, parroquia e concello de Ares. Superficie do terreo: 6 áreas e 65 centiáreas. Predio 11543 Rexistro da Propiedade de Pontedeume

446.253,30 €

-------

446.253,30 €

500 €

9

Local sito na avenida de Chile, número 28, composto de andar baixo de 139 metros cadrados e entrechán de 62,60 metros cadrados. Predio número 94261 do Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña

375.739,10 €

167.070,00 €

208.669,10 €

100 €

10

Predio urbano a uso comercial, almacén e vivenda, composto de andar baixo, primeiro e segundo, sito no número 130 da rúa Campo Chao do concello de Ferrol, cunha superficie construída de 444 metros cadrados sobre unha superficie de 204 metros cadrados. Predio catastral 3367120NJ6136N0001MY

197.501,30 €

-------

197.501,30 €

100 €

11

Vehículo Renault Espace. Bastidor VF8JE0E0517618784. Matrícula C5300BW

2.260,00 €

-------

2.260,00 €

50 €

12

Predio a soar, sito no lugar de Veiga do Castro de Abixo, concello de Foz, provincia de Lugo, cunha superficie de 273 metros cadrados. Predio 8144 do Rexistro da Propiedade de Mondoñedo, coa identificación catastral 0658044PJ4205N0001LB

66.869,00 €

-------

66.869,00 €

100 €

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recadación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se terá que conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20 por cento do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores e poxará por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, e pode adxudicar os bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente co límite total de seis meses.

A Coruña, 9 de febreiro de 2012.

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña