Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 30 de xaneiro de 2012, da Zona Sur de Portos de Galicia, polo que se anuncia a apertura dunha convocatoria pública para o outorgamento de autorizacións de atracada nos pantaláns para embarcacións menores deportivas do porto de Cambados.

Anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións de atracada nos pantaláns para embarcacións menores deportivas do porto de Cambados, con carácter indefinido ata que sexa revogado por novo acordo, e contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobado para os efectos, o cal se atopará á disposición dos interesados nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na r/ Benito Corbal, 37-3.º, 36001 Pontevedra, e na páxina web de Portos de Galicia, www.portosdegalicia.com

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito nas oficinas mencionadas anteriormente as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2012.

Mateo Ruibal Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Sur de Portos de Galicia