Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6217

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2011/99-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subestación A Farixa 132 kV.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas:

Esquema unifilar de dobre barra tanto en 132 kV como en 20 kV; nesta fase móntanse dous transformadores de 30 mVA, trifásicos ONAN±10×1,632/21,YNyn0d11 e existe a posibilidade de montar outro.

O parque de 132 kV consta de:

– 2 posicións de liña.

– 2 posicións de transformador.

– 1 posición de medida de tensión de barras

– 1 posición de acoplamento transversal.

O parque de 20 kV consta de:

– 16 posicións de liña.

– 2 posicións de transformador.

– 1 posición de medida de tensión de barras.

– 1 posición aclopamento transversal.

– 2 posicións de transformador de servizos auxiliares, de 160 kVA e R/T 20.000/420-230 V.

Orzamento: 3.622.012,00 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 13 de decembro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense