Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 4370/2011.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2.ª, remitiu a esta administración un oficio polo que se solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 4370/2011, interposto por Juan Benito Vaz Fernández contra a Resolución do 25 de abril de 2011, do IGVS, pola que se fai pública a aprobación definitiva do Proxecto sectorial do parque empresarial de Tamagos, no concello de Verín.

En consecuencia, acórdase nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao dito tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos citados, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2012.

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo