Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6073

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 9 de febreiro de 2012 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento dos vogais do Consello de Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

O artigo 4 da Lei 7/1994, do 29 de decembro, de creación do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), conforme a denominación actual do organismo establecida pola disposición adicional quinta da Lei 7/2002, do 27 de decembro, dispón que o Consello de Dirección estará formado polo seu presidente, un vicepresidente, o seu director, cinco vogais e un secretario, correspondéndolle o nomeamento dos vogais e do director ao conselleiro que desempeñe as competencias en materia do medio rural.

En virtude dos decretos 1/2012, do 3 de xaneiro, e 13/2012, do 4 de xaneiro, fixouse a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e das súas consellerías; establecéndose mediante o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e do Fondo Galego de Garantía Agraria. Unha vez aprobadas as ditas normas organizativas procede a adaptación da composición do Consello de Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria a estas.

O compromiso do Goberno galego cos principios de austeridade, eficacia e eficiencia no funcionamento da Administración da Xunta de Galicia plásmase nesta orde ao posibilitar que as funcións e facultades inherentes á dirección do Fogga sexan realizadas por un director xeral da consellería.

Xa que logo, cómpre o cesamento dos vogais do Consello de Dirección do dito organismo autónomo e nomear os novos titulares do órgano de dirección do Fogga en representación da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Na súa virtude e no uso das competencias que me atribúen os puntos 3.º e 4.º do artigo 4 da Lei 7/1994, do 29 de decembro, e 9.1.º e 14.1.º do Decreto 128/1996, do 14 de marzo,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Que cesen Jorge Atán Castro, Antonio Crespo Iglesias, Tomás Fernández-Couto Juanas e José Luis Díez Díez como vogais do Consello de Dirección do Fogga, en representación da Consellería do Medio Rural, agradecéndolles os servizos prestados.

Artigo 2.

Nomear as seguintes persoas como vogais do Consello de Dirección do Fogga, en representación da Consellería do Medio Rural e do Mar:

– Francisco José Vidal-Pardo Pardo, secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar.

– Juan Carlos Maneiro Cadillo, secretario xeral do Mar.

– Antonio Crespo Iglesias, director xeral de Desenvolvemento Rural.

– José Ángel Burgo Rodil, subdirector xeral de Xestión da PAC do Fondo Galego de Garantía Agraria.

Disposición adicional.

Para os efectos do disposto nos artigos 4.2.º da Lei 7/1994, do 29 de decembro, e 9.1.º b) do Decreto 128/1996, do 14 de marzo, o vicepresidente do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) será, por razón do seu cargo, o titular da Secretaría Xeral do Medio Rural e de Montes.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2012.

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar