Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador LU-15/2011.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.

A comparecencia deberá efectuarse, na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo, edificio administrativo sito na avda. de Ramón Ferreiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 25 de xaneiro de 2012.

José M.ª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-15/2011.

Interesado: Fernando Miguel Arias.

Último enderezo coñecido: rúa do Poste, 1-1.º A4, Rubián, Bóveda, Lugo.

Acto de notificación: inicio de expediente sancionador.