Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se dispón a suspensión provisional da inscrición no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación e a apertura do trámite de audiencia previo á cancelación definitiva da inscrición en relación cos expedientes PR805A.

Antecedentes.

No DOG do 25 de maio de 2011 publícase o Decreto 90/2011, do 5 de maio, polo que se modifica o Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o desenvolvemento. O decreto entrou en vigor o 17 de xuño de 2011.

A disposición transitoria deste decreto establece para todos os axentes de cooperación a obriga de adecuar a súa inscrición no rexistro nos seis meses seguintes a súa entrada en vigor.

Nos meses de verán remitíuselles información, a cada un dos axentes inscritos neste rexistro, dos datos que constaban nesta administración mediante unha ficha individualizada da entidade inscrita. Información que nos expedientes que nos ocupan non puido ser notificada nos domicilios e nas circunstancias que constan no anexo desta resolución.

Fundamentos de dereito.

A Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, establece no seu artigo 23 os axentes de cooperación.

O Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, modificado polo Decreto 90/2011 (desde agora Decreto 90/2011) establece no seu artigo 13.1 que a inscrición no rexistro é voluntaria.

O artigo 19 do Decreto 90/2011 establece a obriga de comunicar ao rexistro calquera alteración dos datos rexistrados e di que a falta de comunicación da modificación dos datos inscritos a que se refire o artigo 16 deste decreto –entre os cales se atopa a modificación do domicilio social ou da súa delegación permanente en Galicia–, terá como efecto a suspensión provisoria da inscrición, que podería derivar en cancelación definitiva, logo de trámite de audiencia de acordo co previsto no artigo seguinte.

O artigo 20 do Decreto 90/2011 establece que a inscrición dun axente de cooperación ao desenvolvemento poderá ser cancelada, por instancia de parte interesada ou de oficio, entre outros, nos seguintes casos:

«d) Por incumprimento da obriga de comunicar e acreditar calquera modificación da documentación achegada para a inscrición rexistral, de conformidade co disposto no artigo 15 deste decreto».

De acordo co indicado e á vista da lexislación aplicable,

RESOLVO:

Proceder á suspensión provisoria da inscrición das entidades relacionadas no anexo deste oficio, concedéndolles un trámite de audiencia de 15 días co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que coiden pertinentes, e comunicándolles que, en caso de non facelo, procederá a cancelación definitiva da inscrición da súa entidade.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde a recepción desta notificación.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2012.

Jesús María Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Sección e n.º

Denominación

1.ª Notificación e causas

2.ª Notificación e causas

Data da última comunicación ao Rexistro

ONGD3

Solidariedade Internacional Galega, SIGA

8.7.2011

Descoñecido

Rúa Cordelería 79 baixo

15003 A Coruña

5.9.2011

Ausente de repartición

Rúa Monforte 12, 2 dta. A Coruña 21.9.2011

18.4.1994

ONGD 7

Asociación Juvenil Estudiantes Solidarios

7.7.2011

Permanece na Facultade de Veterinaria 15 días, sen que ninguén a recolla. Facultade de Veterinaria Lugo

5.9.2011

Descoñecido

Alfredo Brañas 33

Santiago de Compostela

6.5.1994

ONGD10

Comité de Solidariedade con América Latina Cosal

7.7.2011

Descoñecido

Menéndez Pelayo 16-20 esq.

A Coruña

6.9.2011

Descoñecido

Ramón Cabanillas 26, 1.º C

A Coruña

31.5.1994

ONGD 15

Asociación de Solidariedade Salvador Allende

7.7.2011

Ausente de repartición

Doutor Casares 14 baixo

Monforte de Lemos

5.9.2011

Ausente de repartición

Doutor Casares 14, baixo

Monforte de Lemos

23.9.2005

ONGD 20

Centro Unesco de Galicia

7.7.2011

Ausente de repartición

Rúa do Franco 50, 1.º A

Santiago de Compostela

5.9.2011

Ausente de repartición

Rúa do Franco 50, 1.º A

Santiago de Compostela

9.9.1994

ONGD 21

Asociación Babel

7.7.2011

Ausente de repartición

Condesa Bárcena 12, 4.º B Vigo

5.9.2011

Ausente de repartición

Condesa Bárcena 12, 4.º B Vigo

14.12.1994

ONGD37

Fundación de Artistas e Intelectuales por los Pueblos Indígenas

8.7.2011

Descoñecido

Avda. Daniel Castelao 5, 4.º A

Moaña

9.9.2011

Descoñecido

Calle Escorial 16, 2.º B Madrid

16.11.1998

ONGD 39

Asociación de Damas Salesianas

7.7.2011

Descoñecido

Velázquez Moreno 15, entrechán Vigo

5.9.2011

Descoñecido

Velázquez Moreno 15, entrechán Vigo

5.6.1991

ONGD 49

Fraternidad Ayuda al Tercer Mundo FATEM

8.7.2011

Descoñecido

Urzáiz 85. Of. 4 Vigo

5.9.2011

Descoñecido

Gran Vía 112-local 17 Vigo

13.1.1997

ONGD 51

Fundación Acción contra el Hambre

8.7.2011

Ausente de reparto

Rosalía de Castro 158, 1.º

Santiago de Compostela

5.9.2011

Ausente de repartición

Rosalía de Castro 158, 1.º

Santiago de Compostela

15.1.2009

ONGD 53

Asociación Integración Ayuda y Desarrollo Africano Aida

7.7.2011

Descoñecido

Cuba 32, 4.º D Vigo

5.9.2011

Ausente de repartición

Gran Vía 76, 6.º esq. Vigo

18.1.1999

ONGD64

Asociación Benéfico Cultural Riparia

6.7.2011

Descoñecido

Rúa da Habana 9 Ribeira

5.9.2011

Non se fai cargo

Rúa Feira 2, 3.º A Ribeira

17.6.1997

ONGD 65

Fundación Rokpa

6.7.2011

Ausente de repartición

Pintor Laxeiro 1, 5.º esq., Lalín

5.9.2011

Ausente de repartición

Pintor Laxeiro, 1, 5.º esq. Lalín

11.10.2000

ONGD 84

Asociación Brisa

7.7.2011

Descoñecido

Juan Flórez n.º 18, 3.º esq.

A Coruña

5.9.2011

Ausente de repartición

Juan Flórez n.º 18, 3.º esq.

A Coruña

15.1.2009

ONGD 95

Asociación Dignidad

7.7.2011

Descoñecido

O Sisto 1, 2.º D Marrozos

23.8.2011

Ausente de repartición

Vía Púnica 43

Eivissa 07800 Baleares

15.5.2002

ONGD 118

Fundación Vicente Ferrer

8.7.2011

Ausente de repartición

Avda. Rodríguez de Viguri 12, 4.º A Santiago de Compostela

5.9.2011

Ausente de repartición

Avda. Rodríguez de Viguri 12, 4.º A Santiago de Compostela

4.2.2005

ONGD 120

Asociación de Cooperación para o Desenvolvemento Amani Galiza-Laicos Combonianos Polo Sur

7.7.2011

Ausente de repartición

Rúa do Rosario, 17

Santiago de Compostela

24.1.2012

Descoñecido

Rúa do Rosario, 17

Santiago de Compostela

15.7.2005

ONGD 121

Asociación Deporte, Cultura y Desarrollo

8.7.2011

Ausente de repartición

R/ Aguado n.º 29, 10 B

Gijón

5.9.2011

Refusado

R/ Aguado n.º 29, 10 B

Gijón

2.3.2005

ONGD 124

Instituto Galego de Estudios de Seguranza Internacional e da Paz

6.7.2011

Ausente de repartición

Rúa Rinlo 64.ª 4.ª

Rianxo

5.9.2011

Ausente de repartición

Rúa Rinlo 64.ª 4.ª

Rianxo

1.6.2005

ONGD 147

Asociación para la Salud Integral y el Desarrollo Humano ASIDH

11.7.2011

Descoñecido

Avda. de Chile 42-6.º 1.ª

Barcelona

5.9.2011

Descoñecido

Avda. de Chile 42-6.º 1.ª

Barcelona

19.1.2009

ONGD 168

Asociación Organización de Solidaridad con los Pueblos de Asia, Africa y America Latina

6.7.2011

Ausente de repartición

Rúa Santa Minia n.º 33

15865 Brión

3.9.2011

Ausente de repartición

Rúa Santa Minia n.º 33

15865 Brión

4.2.2008

ONGD 174

Aida, Ayuda, Intercambio y Desarrollo

8.7.2011

Ausente de repartición

Avda. Atlántida 56, p.2 7.º F Pontevedra

5.9.2011

Descoñecido

Avda. Atlántida 56, p.2 7.º F

Pontevedra

9.1.2008

ONGD 180

Fundación CEPS

Centro de Estudios Políticos y Sociales

8.7.2011

Ausente de repartición

Rúa Emilio González López 22, 4.º H A Coruña

5.9.2011

Ausente de repartición

Rúa Emilio González López 22, 4.º H A Coruña

1.9.2008

ONGD 188

Cuco Galicia Asociación Cultura y Cooperación al Desarrollo

11.7.2011

Ausente de repartición

Lugar Penahedrá-Galdo

27867 Viveiro

5.9.2011

Ausente de repartición

Lugar Penahedrá-Galdo

27867 Viveiro

2.3.2009

ONGD 189

Global Humanitaria

7.7.2011

...........

Rúa Diputación 219

Barcelona

5.9.2011

Descoñecido

Rúa Diputación 219

Barcelona

24.5.2010