Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica L.M.T. e C.T. para depósito comercial de explosivos no lugar da Louxeira, no concello de Carballeda de Valdeorras (expediente IN407A 2011/88-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Diexporsa, S.A.

Domicilio social: Finca Areal, s/n, 32911 San Cibrao das Viñas.

Denominación: L.M.T. e C.T. para depósito comercial de explosivos no lugar da Louxeira.

Situación: Carballeda de Valdeorras.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15 kV de 2.478 m, con condutor LA-56 e orixe na L.M.T. existente do expediente 1492-A.T., e remate no C.T. proxectado intemperie A Louxeira, de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 26.676,32 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente a dereito.

Ourense, 11 de xaneiro de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense