Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2012 polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes IN422E-2010-2797 e IN422E-2010-1708.

De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados indicados no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, n.º 5, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2012.

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Expediente: IN422E-2010-2797.

Interesada: Ana María Silva Moldes.

Entidade colaboradora: Calefacciones A Barca.

Acto que se notifica: requirimento de emenda.

Expediente: IN422E-2010-1708.

Interesada: María Rodríguez Román.

Entidade colaboradora: R. Comesaña, S.L.

Acto que se notifica: requirimento de emenda.