Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5917

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO de convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de vixilante municipal vacante no cadro de persoal funcionario.

Por Decreto da Alcaldía, do 25 de agosto de 2011, aprobáronse as bases da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de vixilante municipal vacante no cadro de persoal funcionario.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra n.º 203, do 21 de outubro de 2011, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión dunha praza de vixilante municipal, da escala de Administración especial, subescala servizos especiais e clase vixilante municipal, para cubrir polo sistema de oposición libre.

Así mesmo, no BOP de Pontevedra n.º 223, do 21 de novembro de 2011, publicouse unha corrección de erros.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos do concello.

Oia, 2 de xaneiro de 2012.

Alejandro Rodríguez Rodríguez
Alcalde