Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5830

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2012 pola que se regula o ficheiro de datos de carácter persoal denominado Ficheiro para a xestión do Servizo de Psicoloxía.

A disposición adicional segunda, 2, da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do 14 de decembro), especifica que a creación ou modificación dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse mediante a disposición xeral correspondente.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a regulación dos seus ficheiros para a súa adecuación á LOPD mediante Resolución do 24 de xuño de 2002 e resolucións posteriores.

A USC realiza actividades de investigación en diversos campos e entre eles no campo da psicoloxía, e para estes efectos ten un Servizo de Psicoloxía dependente da Facultade do mesmo nome. Neste servizo ademais de labores de investigación tamén se realizan actividades de tratamento voluntario con fins de aprendizaxe e investigación.

Na súa virtude, e co fin de dar cumprimento ao mandato legal do artigo 20 da LOPD, sobre creación ou modificación de ficheiros que conteñan datos de carácter persoal xestionados pola USC, e de asegurarlle aos administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos,

DISPOÑO:

Primeiro. Créase o Ficheiro para a xestión do Servizo de Psicoloxía. A súa descrición contense no anexo desta resolución, indicando o nivel de medidas de seguridade, en aplicación do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Segundo. O ficheiro que se indica no anexo rexerase polas disposicións xerais e instrucións que se detallen, e estará sometido, en todo caso, ás normas legais e aos regulamentos de superior rango que lles sexan aplicables.

Terceiro. A aprobación desta resolución non supón a supresión de ningún ficheiro de datos de carácter persoal, polo que non é necesaria a aplicación do disposto no artigo 20.3.º da LOPD.

Cuarto. O ficherio ten finalidade científica e ademais das cesións previstas para cada un dos ficheiros, poderanse realizar cesións sempre que así se recolla nunha norma ou para os efectos de remitirlle datos aos servizos estatísticos, tanto estatais como da comunidade autónoma, para o desenvolvemento das funcións propias destes servizos ou entidades e cos límites establecidos na lei.

Quinto. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Ficheiro n.º 28 [Ficheiro para a xestión do Servizo de Psicoloxía].

a) Identificación do ficheiro:

Ficheiro para a xestión do Servizo de Psicoloxía e das súas unidades.

b) Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro:

Vicerreitoría de Investigación e Innovación. Universidade de Santiago de Compostela.

Praza do Obradoiro (Colexio de San Xerome) s/n.

15782 Santiago de Compostela.

A Coruña.

c) Órgano, servizo ou unidade en que se deberán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Facultade de Psicoloxía.

Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur.

15782 Santiago de Compostela.

A Coruña.

d) Carácter informatizado ou manual estruturado do ficheiro:

Mixto.

e) Medidas de seguridade:

Medidas de nivel alto.

f) Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro:

Datos de carácter identificativo, DNI ou NIF, nome e apelidos, enderezo e teléfono, sinatura/pegada, imaxe/voz, marcas físicas.

Datos especialmente protexidos: saúde, vida sexual, orixe racial ou étnica, relixión.

Datos relativos a infraccións administrativas e penais.

Outros tipos de datos: características persoais, circunstancias sociais, circunstancias familiares, académicas e profesionais, transaccións de bens e servizos.

g) Descrición detallada da finalidade do ficheiro e dos usos previstos:

Xestión dos datos clínicos dos usuarios e das tarefas de xestión e de investigación do Servizo de Psicoloxía da Facultade de Psicoloxía con fins científicos e de investigación.

h) Tipificación da finalidade e usos previstos:

Fins estatísticos ou científicos, historial clínico, educación e cultura, informes e estudos, proxectos de investigación e publicacións.

i) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resultan obrigados a subministralos:

Usuarios do servizo e das súas unidades, solicitantes e os seus representantes legais.

j) Orixe e procedencia dos datos:

O propio interesado ou o seu representante legal, administracións públicas.

k) Órganos e entidades destinatarios das cesións previstas, indicando as transferencias internacionais:

Non se prevén cesións.