Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5925

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2012, da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pola que se fai pública a formalización do contrato que se cita.

Para os efectos dispostos no artigo 138 da Lei 30/2007, de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do contrato seguinte, financiado nun 50% polo Plan Educa3 en virtude do convenio de colaboración entre o Ministerio de Educación e a Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de prazas públicas do primeiro ciclo de educación infantil:

– N.º expediente: CGSIB/OBR/012/11.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio e tramitación urxente.

Denominación do concurso público: obra de construción dunha escola infantil de 6 unidades no concello de Tui.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 594.395,50 euros.

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Data de formalización do contrato: 30.12.2011.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica adaptada ás necesidades da obra que se vai executar, situada entre as tres mellores de todas as presentadas, cunha oferta económica situada na media das presentadas e un prazo de garantía e unha porcentaxe destinada ao control de calidade axustados ao máximo do permitido nos pregos.

Para máis información consultar a páxina web:

www.igualdadebenestar.org, punto perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2012.

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar