Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2012, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador S-C-26.11, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador S-C-26.11, por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña, para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes e, de ser o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2012.

Roberto Pena Puentes
Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

N.º de expediente: S-C-26.11.

Interesado: José Luis Lousa Souto.

Último enderezo coñecido: r/ Do Frade, 2, 1.º esquerda, Betanzos.

Feitos imputados: realización de obras de demolición do inmoble número 5 da rúa da Cerca, «Casa Gótica», e desmontaxe e retirada dos seus escudos da fachada principal, no Casco Vello de Betanzos (A Coruña), sen licenza municipal e sen a previa e preceptiva autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Tipificación: artigo 92.c) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.