Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude para o recoñecemento, en concreto, da utilidade pública das instalacións solares fotovoltaicas Seteventos II (10 MW) e Seteventos III (10 MW) xunto coas súas liñas de evacuación, nos concellos do Saviñao e Pantón (expediente 001/2012 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE núm. 285) e polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310), sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas que se citan:

Peticionaria: Solidaridad Solar, S.L.

Enderezo: polígono industrial O Peago, 19, Escairón, CP 27540 O Saviñao (Lugo).

Denominación: instalacións solares fotovoltaicas Seteventos II (10 MW) e Seteventos III (10 MW).

Situación: concellos do Saviñao e Pantón (Lugo).

As citadas instalacións de xeración de enerxía eléctrica, xunto coas súas liñas de evacuación, foron autorizadas administrativamente, aprobadas e incluídas no réxime especial de produción de enerxía eléctrica mediante as correspondentes resolucións do 8 de setembro de 2010 (expediente 7294 A.T.) (DOG núm. 215, do 9 de novembro).

Por Resolución do 15 de novembro de 2011, desta xefatura territorial, someteuse a información pública a petición de autorización do modificado II do proxecto básico e de execución modificado Seteventos II, central fotovoltaica de 10 MW (expediente IN407A 2011/111-2, 7947 A.T.) (DOG núm. 230, do 1 de decembro).

Por Resolución do 10 de novembro de 2011, desta xefatura territorial, someteuse a información pública a petición de autorización do modificado II do proxecto básico e de execución, modificado Seteventos III, central fotovoltaica de 10 MW (expediente IN407A 2011/98-2, 7935 A.T.) (DOG número 227, do 28 de novembro).

A declaración de utilidade pública que agora se solicita para esas instalacións e as súas liñas de evacuación, de acordo co artigo 51 da Lei do sector eléctrico e o artigo 143 do seu regulamento, levará implícita, en todo caso, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE número 351).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria expropiación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, situada no edificio administrativo da Xunta de Galicia, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 25 de xaneiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Concello do Saviñao. Provincia de Lugo.

Servidume trazado soterrado

Afeccións

N.º predio

Pol.

Parc.

Lugar

Superficie

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

ml soterrado

m2 soterrado

1

114

680

Chousa

24.143 m2

Agrario-matogueira

MVMC San Saturnino de Piñeiro

(Presidente: Marcos Varela Rois)

Salcedo, Piñeiro, 65, O Saviñao

155 ml

124 m2

Expropiación en pleno dominio

Afeccións

N.º predio

Pol.

Parc.

Lugar

Superficie

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Pleno dominio

2

140

210

Albariza

4.220 m2

Agrario-matogueira

María Rodríguez Álvarez

Praza España, 19, Escairón

 

4.220 m2