Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 – A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Tras do Eixo.
Situación: concello de Teo.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,110 km, con condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×240) mm² Al, con orixe no apoio existente do C.T.I. Penelas (expediente IN407A 2006/50), que se vai desmontar, e final en cela de liña do C.T. Tras do Eixo proxectado.
Centro de transformación (C.T.) prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, predeseñado ata 630 kVA, e unha relación de transformación 20.000/400-230 V. Concello de Teo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 19 de xaneiro de 2012.
P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial