Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5839

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2012 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 20 de xaneiro de 2012 da Consellería de Facenda (DOG núm. 23, do 2 de febreiro) e do establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o día 7 de febreiro no salón de actos número 2 pequeno da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, tivo lugar o sorteo a que alude a citada resolución.

Conforme o resultado do sorteo, a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración autonómica de Galicia que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2012, empezará por aqueles cuxo primeiro apelido empece pola letra «Z».

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2012.

Elena Muñoz Fronteriz
Conselleira de Facenda