Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2012 Páx. 5740

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1051/2009).

Elena M.ª Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de demanda 1051/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Lojo Villa contra a empresa Productos Congelados del Mediterráneo, S.L.U., sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza o 17.1.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Javier Lojo Villa e, en consecuencia, condeno a mercantil Productos Congelados del Mediterráneo, S.L.U., a aboar ao demandante a cantidade de 8.000,00 euros en concepto de débeda salarial, máis 800,00 euros en concepto de xuros por mora, sen imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lles sirva de notificación de forma legal a Productos Congelados del Mediterráneo, S.L.U., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao/á destinatario/a que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial