Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2012 Páx. 5772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia a aprobación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Tremoedo (Vilanova de Arousa, Pontevedra).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Tremoedo (Vilanova de Arousa, Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 259/2001, do 20 de setembro (DOG número 198, do 11 outubro), que a xunta local da zona, na súa reunión do 13 de outubro de 2011, unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado da enquisa das bases provisionais, aprobou as bases definitivas, que lles serán notificadas individualmente a cada un dos afectados e que estarán expostas ao público no Concello de Vilanova de Arousa e na zona, durante o prazo de trinta días, de conformidade co establecido na Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Os documentos que se poden examinar no concello refírense á determinación do perímetro, á clasificación de terras, á fixación dos coeficientes que servirán de base para facer as compensacións que sexan necesarias e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das cales se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural e do Mar dentro do prazo de trinta días que contarán desde a notificación persoal ou publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse nesta xefatura territorial (edificio administrativo, rúa Fernández Ladreda, 43, Pontevedra), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 2012.

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra