Ponse en coñecemento de todos os interesados na concentración parcelaria da zona de Arca (A Estrada, Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 3079/1980, do 22 de decembro (BOE do 17 de febreiro de 1981), o seguinte:
Primeiro. O 13 de xaneiro de 2012 o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Arca (A Estrada, Pontevedra), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista dos resultados da enquisa deste último.
Segundo. O acordo de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público na Casa do Concello da Estrada e na zona. Os documentos que se poden examinar no dito concello refírense aos predios de substitución onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.
Terceiro. No prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación persoal ou publicación substitutiva, poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, e os recorrentes poderán presentar os recursos no Rexistro Único do edificio administrativo de Pontevedra –rúa Fernández Ladreda, 43, Pontevedra–, no Rexistro Xeral da consellería –edificio administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela–, ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por si mesmos ou por representación.
Pontevedra, 23 de xaneiro de 2012.
Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra