Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2012 Páx. 5795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de soporte e mantemento da aplicación informática de dietética e cociña Dietools, dos centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde (NB-SER1-12-008).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: NB-SER1-12-008.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de soporte e mantemento da aplicación informática de dietética e cociña Dietools, dos centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde.

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72267000-4.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: negociado.

4. Valor estimado do contrato: 108.000 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 54.000 euros. Importe total: 63.720 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 28.12.2011.

b) Data de formalización do contrato: 2.1.2012.

c) Contratista: Dominion Instalaciones y Montajes, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación.

Importe neto: 54.000 euros. Importe total: 63.720 euros.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos