Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2012 Páx. 5765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Muros (expediente IN407A 309/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S. ao C.S. de Tal de Abaixo - O Seixal.

Situación: Muros.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, de 735 m de lonxitude desde a L.M.T.A. ao C.T. Tras da Costa (expediente 50713), en condutor R.H.Z.1, ata C.S. Tal de Abaixo - O Seixal, obxecto doutro proxecto, que instalará o cliente. Concello de Muros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial