Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2012 Páx. 5742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 19 de xaneiro de 2012, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de apertura do expediente sancionador 312/11 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación as notificacións de aperturas de expedientes sancionadores instruídos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG n.º 210, do 31 de outubro).

N.º de expediente: 312/11.

Denunciado: Jesús Cancela Gil (herdeiros de).

Enderezo: Portal do Almacén, 18, 36950 Moaña (Pontevedra).

N.º de expediente: 315/11.

Denunciado: Manuel Chapela Chapela.

Enderezo: A Fraga, 4, 36950 Moaña (Pontevedra).

N.º de expediente: 316/11.

Denunciado: Rafael Carro Santorum.

Enderezo: avda. das Sinas, 36, 1.º B, 36620 Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto, para poderen examinar os expedientes no Servizo de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43, 1.º, edificio administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 19 de xaneiro de 2012.

Fausto Núñez Vilar
Enxeñeiro xefe do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra