Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2012 Páx. 5692

I. Disposicións xerais

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se actualiza o anexo V da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación.

Para unha adecuada aplicación das taxas e os prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, a orde a que fai referencia o título desta resolución procedeu a codificar tanto as diferentes taxas como os servizos xestores que as aplican.

Esta resolución recolle os cambios producidos no anexo citado, desde a última Resolución do 23 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se actualizan os anexos V, VI e VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación.

As modificacións afectan o anexo V da Orde do 30 de xuño de 1992, antes citada, e as normas que as motivan son as que se citan a seguir:

– Decreto 1/2012, do 3 de xaneiro, polo que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, ao diminuíren e integrárense varios departamentos, o que afecta, por tanto, os códigos e servizos correspondentes.

– Decreto 12/2012, do 4 de xaneiro, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, da cal dependerá funcionalmente a Secretaría Xeral para o Turismo e, organicamente, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

– Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia. Os cambios que se teñen en consideración son a integración orgánica, na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Igualmente, estrutúranse os órganos superiores das consellerías que resultan modificadas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estrutura os órganos da anterior Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e os correspondentes á de Cultura e Turismo. Por outro lado, a Consellería do Medio Rural e do Mar estruturase cos órganos da anterior Consellería do Medio Rural e os correspondentes da Consellería do Mar.

– Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, na que se integra a Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

– Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que recolle a integración orgánica das anteriores consellerías de Educación e Ordenación Universitaria, por un lado, e de Cultura e Turismo, por outro, reunindo, así mesmo, as competencias de ambas as dúas.

– Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e do Fondo Galego de Garantía Agraria, coa integración orgánica das anteriores consellerías do Medio Rural e do Mar, e a asunción das competencias de ambas as dúas.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo segundo da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992 referida,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar as táboas dos códigos de consellerías e servizos recollidas no anexo V da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, da forma que se especifica a seguir:

04 Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

01

Secretaría

02

Escola Galega de Administración Pública

OA

04

Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia

05

Secretaría Xeral de Emigración

06

Secretaría Xeral para o Deporte

07

Secretaría Xeral para o Turismo

08

Secretaría Xeral de Medios

09

Emerxencias

11

Diario Oficial de Galicia

12

Relacións Exteriores e coa Unión Europea

16

Xogo

17

Asociacións

18

Administración Local

19

Academia Galega de Seguridade Pública

OA

20

Interior e Espectáculos Públicos

21

Axencia Galega de Emerxencias

OA

22

Secretaría Xeral de Igualdade

23

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

OA

05 Facenda.

01

Secretaría

02

Instituto Galego de Estatística

OA

04

CIXTEC

OA

05

Consello Galego da Competencia

OA

06

Política Financeira

07

Función Pública

06 Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

01

Secretaría

02

Mobilidade

03

Instituto Galego da Vivenda e Solo

OA

04

Axencia Galega de Infraestruturas

OA

06

Urbanismo

13

Costas

14

Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos de Galicia

OA

15

Augas de Galicia

OA

16

Xurado de Expropiación Forzosa

17

Protección do Litoral

18

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

OA

19

Protección Ambiental

20

Fomento e Control de Calidade Ambiental

21

Control e Xestión de Residuos

22

Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia

23

Centro de Investigacións Forestais

24

Meteogalicia

25

Inspección e Intervención Ambiental

26

Servizo Técnico Xurídico

28

Conservación da Natureza

07 Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

01

Secretaría

03

Ensino Medio

04

Axencia para a Xestión Integrada, Calidade e Avaliación da Formación Profesional

OA

05

Secretaría Xeral de Política Lingüística

06

Patrimonio Cultural

07

Arquivos e Museos

08

Rexistro da Propiedade Intelectual

09

Axencia Galega das Industrias Culturais

OA

08 Economía e Industria.

01

Secretaría

02

Minas

03

Administración Industrial

05

Instituto Galego de Consumo

OA

06

Comercio

07

Instituto Enerxético de Galicia (Inega)

OA

08

Enerxía

09

Investigación, Desenvolvemento e Innovación

11

Servizo Galego de Propiedade Industrial (Segapi)

12

Instituto Galego de Promoción Económica

OA

09 Medio Rural e do Mar.

01

Secretaría

02

Supervisión de Proxectos

03

Contratación

04

Infraestruturas Agrarias

05

Formación Agraria

06

Centro de Investigacións Agrarias

07

Axudas Estruturais

08

Industria e Comercialización Agroalimentaria

09

Sanidade e Produción Animal

10

Montes e Industrias Forestais

12

Defensa Contra Incendios

13

Fomento Cooperativo

14

Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga)

OA

15

Sanidade Vexetal

16

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)

OA

17

Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal)

OA

18

Acuicultura (S.C.)

19

Marisqueo (S.C.)

20

Pesca (S.C.)

21

Desenvolvemento Pesqueiro

22

Recursos Mariños

23

Competitividade e Innovación Tecnolóxica

24

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar)

OA

25

Grupo de Portos

OA

11 Sanidade.

01

Secretaría

02

Planificación e Ordenación

03

Servizo Galego de Saúde-Secretaría

OA

06

Servizo Galego de Saúde-Farmacia

OA

08

Saúde Pública

11

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

OA

12

Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia

OA

13

Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía

OA

16

Inspección Sanitaria

17

Protección á Saúde

18

Promoción da Saúde

19

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

OA

14 Traballo e Benestar.

01

Secretaría

02

Garderías

03

Xuventude

04

Tempo Libre

06

Menores

07

Dependencia e Autonomía Persoal

11

Relacións Laborais

12

Consello Galego de Relacións Laborais

OA

13

Instituto Galego de Saúde e Seguridade Laboral

OA

23 Consello da Cultura Galega.

01

Consello da Cultura Galega

24 Consello Consultivo de Galicia.

01

Secretaría

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2012.

Carlos Rodríguez Sánchez
Director xeral de Tributos