Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/68/2011, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística I acordou, o día 17 de novembro de 2011, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas actuacións realizadas en solo rústico consistentes na plantación de eucaliptos e piñeiros nos lugares da Chousiña e Cantos, parroquia de San Cosme de Portomeiro, no termo municipal de Val do Dubra, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles a Manuela Rey Pulleiro, a Antonio Rey Pumar, a Eduardo García García e a Antonio Martínez Brea o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística