Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de decembro de 2011, polo que se aproba o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de modernización de salas de procesado de peixe e I+D+I en Lira-Carnota (A Coruña), promovido por Stolt Sea Farm, S.A.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 15 de decembro de 2011, relativo á aprobación definitiva dun proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, resulta necesario dar publicidade ao mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal,

RESOLVO:

1. Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do 15 de decembro de 2011, que a continuación se transcribe:

«Aprobar o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal Proxecto sectorial de modernización de salas de procesado de peixe e I+D+I en Lira-Carnota (A Coruña). Xaneiro de 2011, promovido por Stolt Sea Farm, S.A., para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia».

2. Este proxecto sectorial entrará en vigor o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 13.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2012.

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar