Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública para autorización e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico singular do Incio (expediente 007-PES).

Mediante Resolución do 26 de xullo de 2004, da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, publicouse a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos singulares admitidas a trámite ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2004 e da súa modificación do 20 de abril de 2004. Na dita resolución inclúese o parque eólico singular do Incio cunha potencia de 2 MW.

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no título VII do Real decreto 1955/2000, no artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e os proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal e Decreto 302/2001, modificado polo Decreto 513/2005, do 22 de setembro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude do Concello do Incio das instalacións que a continuación se describen:

Obxecto da información pública:

Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto parque eólico singular do Incio.

Peticionario: Concello do Incio. Praza de España n.º 1, 27346 O Incio (Lugo).

Situación: termos municipais de Sarria e O Incio (Lugo).

– Situación (coordenadas poligonais en unidades UTM):

UTM-X UTM-Y

(622174.00, 4729663.00)

(622237.00, 4729711.00)

(622330.00, 4729697.00)

(622538.00, 4729462.00)

(622403.00, 4729376.00)

– Situación do aeroxerador (coordenadas en unidades UTM):

UTM-X UTM-Y

A1 (622368.00, 4729558.00)

Características técnicas do parque eólico singular:

Número de aeroxeradores: 1.

Tipo de aeroxerador: Enercon E-82.

Potencia nominal unitaria: 2.000 kW.

Diámetro do rotor: 82 m.

Número de pas: 3.

Altura de torre: 77 m.

Potencia total instalada: 2 MW.

Produción neta anual estimada: 5.001 MWh/ano.

Orzamento total: 2.155.608,52 €.

Características técnicas da infraestrutura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

– 1 aeroxerador tipo Enercon E-82 de 2.000 kW de potencia nominal unitaria.

– 1 centro de transformación de 2.000 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 1/20 kV, Dyn11, instalado no interior da torre do aeroxerador, coa súa correspondente aparellaxe de seccionamento, manobra e protección.

– Centro de control e medida, en edificio prefabricado de formigón, con celas de 20 kV e instalacións auxiliares.

– Liña eléctrica de interconexión a 20 kV de tensión nominal para a evacuación da enerxía que se xere, cun tramo subterráneo en condutor R.H.Z.1 15/25 150 mm2 Al, e un tramo aéreo cunha lonxitude aproximada de 206 metros, en condutor LA-110 sobre apoios normalizados de celosía tipo C e de formigón HV, para conexión do parque eólico singular do Incio á rede xeral de distribución pública.

O que se fai público para coñecemento xeral co fin de que calquera interesado poida examinar o proxecto e presentar as obxeccións ou alegacións que consideren oportunas a este, neste departamento territorial sito no edificio administrativo, rolda da Muralla 70, (Lugo 27071), no prazo de 30 días hábiles, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal será remitido aos concellos de Sarria e O Incio e poderá ser examinado nos ditos concellos e nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo.

Lugo, 5 de maio de 2010.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo