Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Burela (expediente IN407A 2010/152-2, 7694 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1.º, 27002 Lugo.

Denominación: adecuación do C.T.C. 07707 instituto e R.B.T.S. para subministración eléctrica na r/ Camiño Real, 48-50.

Situación: concello de Burela.

Características técnicas:

• Adecuación do C.T. existente C.T.C. 07707 Instituto, consistente no cambio de transformador actual por un de 630 kVA, substitución do fusible de protección correspondente á cela de M.T. e ampliación do cadro de baixa tensión, para satisfacer a demanda enerxética da nova suministración.

• Desmontaxe da rede de baixa tensión existente a tensión trifásica de 400 V e monofásica de 230V.

• R.B.T.S. proxectada con orixe no C.T. existente C.T.C. 07707 Instituto e final nas CXP das novas suministracións, en condutor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 18 de xaneiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo