Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 14 de decembro de 2011, da xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-01843-O-2011 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa reguladora dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 25% na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Lugo, 14 de decembro de 2011.

M.ª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción imposta

LU-01843-O-2011

C-4851-AV

Garda Civil 2704 I64330I

Hormigones Cuíña, S.L.

B15754849

Padre Feijóo, 11

15004 Coruña (A)

A realización de transporte privado en vehículo pesado, carecendo de autorización.

19.8.2011; 09.23.00; LU-120; 00,00

Art. 141.13 LOTT,

Art. 198.13 ROTT

Art. 201.1.e) ROTT,

Art. 143.1.e) LOTT

1.001 euros

LU-01872-O-2011

LU-9057-S

Garda Civil 2700 T95526U

Sousarias, S.L.

B32282220

José María Pereda Álvarez, 4

32600 Verín (Ourense)

A realización de transporte privado en vehículo pesado, carecendo de autorización.

23.8.2011; 18.00.00; LU-862; 96,100

Art. 141.13 LOTT,

Art. 198.13 ROTT

Art. 201.1.e) ROTT,

Art. 143.1.e) LOTT

1.001 euros

LU-02090-O-2011

4162-DLG

Garda Civil 2701 V08644T

José Antonio Gómez Taboada

34948594-W

Sampaio, 26-3.º

32001 Ourense

Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de autorización.

14.10.2011; 17.00.00; N-540; 13,500

Art. 141.31 LOTT,

Art. 140.1.9 LOTT, Art. 198.31 ROTT, Art. 197.1.9 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT,

Art. 201.1.f) ROTT

1.501 euros

LU-02113-O-2011

M-4827-OF

Garda Civil 2701 V08644T

Luis Jacinto Cabarcos Cabarcos

33342541-Q

Cidade de Viveiro 57-59 2.º A

27800 Vilalba (Lugo)

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 25% en vehículos de ata 10 t. Exceso de peso superior ao 35%.

10.10.2011; 17.27.00; AG-64; 52,800

Art. 140.19 LOTT,

Art. 197.19 ROTT

Art. 143.1.h) LOTT,

Art. 201.1.h) ROTT

4.600 euros

LU-02134-O-2011

4162-DLG

Garda Civil 2701 V08644T

Jose Antonio Gómez Taboada

34948594-W

Sampaio, 26-3.º

32001 Ourense

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 25% en vehículos de ata 10 t. Exceso de peso superior ao 35%.

14.10.2011; 17.00.00; N-540; 13,500

Art. 140.19 LOTT,

Art. 197.19 ROTT

Art. 143.1.h) LOTT,

Art. 201.1.h) ROTT

4.600 euros

LU-02147-O-2011

2232-DML

Garda Civil 2701 X17237T

Mintra, S.L.

B27166412

Viñas da Veiga, 7

27740 Mondoñedo (Lugo)

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obligatorios que existe obriga de levar no vehículo.

13.10.2011; 19.00.00; A-6; 574,00

Art. 140.24 LOTT,

Art. 197.24 ROTT

Art. 143.1.g) LOTT,

Art. 201.1.g) ROTT

2.001 euros

LU-02159-O-2011

2232-DML

Garda Civil 2701 X17237T

Mintra, S.L.

B27166412

Viñas da Veiga, 7

27740 Mondoñedo (Lugo)

Falsificación de follas de rexistro, tarxetas de condutor, o falseamento do seu contido ou dos documentos de impresión obligatorios.

13.10.2011; 19.00.00; A-6; 474,00

Art. 140.13 LOTT,

Art. 197.13 ROTT

Art. 143.1.i) LOTT,

Art. 201.1.i) ROTT

4.601 euros