Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 14/2011-PROT incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 7 de decembro de 2011 a xefa territorial de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador n.º 14/2011-PROT, incoado na Xefatura Territorial de Ourense a Panadería O Forno do Anxo, S.C.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Panadería O Forno do Anxo, S.C., o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Avda. de Zamora, n.º 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001 ou de Caixanova recadación Xunta modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 17 de xaneiro de 2012.

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

1. N.º de expediente: 14/2011-PROT.

Denunciado: Panadería O Forno do Anxo, S.C.

CIF/NIF: 132403909.

Último enderezo coñecido: rúa do Pan, n.º 3 (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Rgto. (CE) n.º 852/2004, do 29 de abril, Rgto. 853/2004, do 29 de abril e Real decreto 1137/1984, do 28 de marzo.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: oitocentos euros (800 euros).