Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5590

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 67/2012, do 9 de febreiro, polo que se nomea director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias a Gonzalo José Ordóñez Puime.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de febreiro de dous mil doce,

Nomeo director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias a Gonzalo José Ordóñez Puime.

Santiago de Compostela, nove de febreiro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza