Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5560

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2012 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 107 C 2011/27-0, devolta polo órgano notificador por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A instrutora do expediente sancionador por infracción urbanística 107 C 2011/27-0, o día 15 de decembro de 2011, formulou proposta de resolución en que se propón impoñer a Manuel Bastos Adriano, en calidade de promotor, unha sanción consistente en multa como responsable da comisión dunha infracción urbanística moi grave, pola realización de obras de construción dunha edificación con tipoloxía de vivenda unifamiliar, no lugar do Carpazal, Laiantes de Arriba, no termo municipal de Maside.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da proposta de resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita proposta de resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da proposta de resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística