Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes INC-CO-0079-2011 IUL e INC-CO-0172-2011 BIO.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar sita na praza de Luís Seoane s/n, edificio administrativo Monelos, 3.º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse as comparecencias, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2012.

Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo

Anexo

Expediente: INC-CO-0079-2011 IUL.

Denunciada: M.ª Begoña González Gómez.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-CO-0172-2011 BIO.

Denunciado: José Mosquera Rodríguez.

Acto de notificación: acordo de inicio.