Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador S-68/2011 por infraccións en materia sanitaria.

O 29 de decembro de 2011, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador n.º S-68/2011 incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Manuel Antonio Fernández Fernández (Casa Solariega de Cervantes).

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Manuel Antonio Fernández Fernández (Casa Solariega de Cervantes) o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo núm. 9, Lugo e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 17 de xaneiro de 2012.

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

N.º expediente: S-68/2011.

Interesado: Manuel Antonio Fernández Fernández (Casa Solariega de Cervantes).

DNI/NIF/CIF: 33316866-D.

Último enderezo coñecido: rúa das Pitas, núm. 3, San Román de Cervantes (Lugo).

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Sanción imposta: arquivo do expediente.